Persoa que fai, vende ou arranxa albardas
Etimoloxía
Creado sobre “albarda”, que vén do árabe al-bárda’ah ‘cobertura de palla para as bestas’.
Exemplos *
“Nos tempos tradicionais había os albardeiros que traballaban no obradoiro fixo na propia casa, e os ambulantes que percorrían as feiras das comarcas rurais de Galicia recibindo encargos dos paisanos.” (Xosé Antonio Fidalgo Santamariña: Os saberes tradicionais dos galegos, 2001)
“Para esquivar comentos, encargoulle unha carteira grande de pel a un albardeiro das Goas, aló en Abadín.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.