albarello

Uva albarella / Viño que se obtén desa uva

Etimoloxía

Voz derivada sobre “albar” que significa ‘de cor branca’ que remite a “albo” que nos chega do latín album ‘branco’.

Exemplos *

“É o zume dunha terra de pasado aurífero extraído a 100% por cepas de albarello.” (Martiño Santos Canosa: Nós Diario, 15-10-2021)

“...morreu o albarello coa filoxera, a finais do século pasado e principios deste, houbo unha época en que morreu a ribeira enteira, as cepas de albarello, chamábanlle a cepa vella, non lle daban xofre nin sulfato, a cepa de albarellos, veu aquela peste e matouna.” (Emilio Araúxo: Cinsa do vento. Libro da Ribeira Sacra, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.