Froita de forma arredondada, con carne de sabor agradable, pel de cor tirando a amarela ou a vermella, suave ao tacto coma o veludo, e con carabuña oval e lisa
Etimoloxía
Palabra que nace do equivalente árabe al-barquq que era a denominación común a diversos froitos.
Exemplos *
“Chegou a medio esganarse cunha pedra de albaricoque.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK, 2008)
“Acórdome da única vez que vin chorar a miña nai: eu estaba comendo un pastel de albaricoque.” (Roberto G. Méndez: Galicia Hoxe, 03-04-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.