albariño -a

Uva branca, de gran pequeno e gusto agradable, que se cultiva especialmente nas Rías Baixas. / Viño que se obtén desta uva.

Etimoloxía

Procede do latín albus, -a, -um ‘branco’.

Exemplos *

“Excelentes parras de moito porte e abondosas follas, como as que arman as cepas albariñas, que lle fixeron exclamar a Rosalía de Castro: “¡Ouh miña parra d’albariñas uvas que a túa sombra me das!”.” (Xavier Castro: O Correo Galego 31-05-2002)

“O seu viño estrela é o que lle dá nome á marca, un caldo moi especial porque está elaborado por un 70% de uva albariña, caíño e loureiro branco, variedades autóctonas pouco empregadas pola súa delicadeza.” (Galicia Hoxe 23-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.