Comida con que se celebra o remate dun traballo ou labor.
Etimoloxía
Remóntase a súa orixe á forma árabe Al-Bo'rok (na súa forma clásica, Al-Buruk) 'café ofrecido aos amigos despois dun éxito nos negocios', da mesma orixe ca baraka 'bendición'.
Exemplos *
"Tan pronto como as pague Fermín Calveiro, o Teso, Amador Souto pensa poñer remate a isto e facer o albaroque. Tampouco non é cousa de que esta historia ó cabo nos pese como a Biblia." (Xesús Rábade Paredes: Como levar un morto)
"… pensarían gañada a batalla de Galiza. Pero precipitaríanse na celebración do albaroque: é a eles a quen esmagará a aparente derrota." (A nosa Terra 23-01-2003)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.