Arbusto da familia das ericáceas, de folla sempre verde, que pode chegar aos cinco metros de altura, florece polo inverno e dá un froito doce e redondo de ata tres centímetros, vermello por fóra e amarelo por dentro
Etimoloxía
Denominación que procede do latín arbutum ‘froito do albedro’.
Exemplos *
“O albedro é unha planta moi utilizada como ornamental en parques e xardíns.” (Xulio Gutiérrez Roger: La Voz de Galicia, 30-4-2009)
“(...) e na proximidade das Torres de Ermida, ao pé dun grande albedro baixo cuxa sombra protectora tería escrito Rosalía algúns dos seus versos.” (X. R. Freixeiro Mato: Nós Diario, 14-5-2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.