Establecemento hoteleiro que atende o turismo en estancias breves.
Etimoloxía
A palabra chega do provenzal antigo que, á súa vez, a toma do gótico *haribaírgo 'campamento, aloxamento'.
Exemplos *
"Non é a primeira vez que os viaxeiros utilizan o albergue, próximo ó mercado de viño." (Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos)
"¡Seguro que ían ao albergue de Sarria para pasar uns días!" (Manuel Seixas: A velocidade do frío)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.