albízaras

Regalo que se lle dá a quen trae boas novas.

Etimoloxía

Termo que xorde desde o árabe al-bisara que significa 'boa nova'.

Exemplos *

"E aínda vos sobran catro que me daredes en albízaras polos cen que vos gaño sen relearvos máis." (Darío Xohán Cabana: Morte de rei)

"Non é día de albízaras nin de xolda…" (Daniel Cortezón: Pedro Madruga. Representación Histórica)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.