Composición con ritmo de marcha que se toca, principalmente, de mañá cedo e desfilan
Etimoloxía
Voz que se forma sobre “albor” que vén do latín tardío albor, -oris ‘brancura’.
Exemplos *
“Do río, na frorida veira / do mar ao pé das ondiñas, / cantache, nova alborada, / o abrente dun craro día.” (Florencio Delgado Gurriarán: Galicia infinda, 1963)
“Os rapaces, pouco a pouco, iámonos distraendo dos nosos respectivos pais para subirmos todos xuntos, xeralmente detrás dalgún dos grupos de músicos que, ao son de gaitas, tamborís e pandeiros, interpretaban alboradas e marchas procesionais.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


