albufeira

Lagoa de auga salgada, pouco profunda, que está moi próxima ao mar e separada del por unha franxa de terra

Etimoloxía

Voz que nos chega desde o árabe hispánico albuḥáyra, e que remite ao árabe clásico buḥayrah, diminutivo de baḥr 'mar'.

Exemplos *

“Os árabes trouxérono ao Mediterráneo, onde chegou a ser tan popular que o rei Xaime chamado o Conquistador, houbo de limitar a produción ás terras anegadas da albufeira, pois, como é sabido, «o arroz plantase na auga, críase na auga e guísase con auga».” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

“As numerosas zonas húmidas son lugar de invernada para anátidas e laro_limnícolos, e aínda que por separado son menores ca outras grandes zonas húmidas da península, como o delta do Ebro, o couto de Doñana ou a albufeira de Valencia, en conxunto adquiren unha importancia similar.” (Óscar Pazos: Xeografía física do litoral (Galicia e o mar. Xeografía e historia do mar galego), 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.