Presidente do concello ou corporación municipal e primeira autoridade no goberno do concello
Etimoloxía
Voz que recollemos do árabe hispánico alqáḍi, e este remítenos ao clásico qāḍī 'xuíz'.
Exemplos *
“Meniña tan bonitiña, / tan coloradiña da cara, / heite de mandar prender / polo alcalde da Bara.” (José Casal Lois: Colección de Cantares gallegos, 2000)
“Unha pera, dúas peras / non ten máis o ramallín, / unha pró señor alcalde / outra pró señor padrín.” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego. VI Coplas diversas, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


