Peza dunha casa destinada a durmir
Etimoloxía
Voz que procede do árabe hispánico alqúbba, este do árabe clásico qubbah, e este do persa medio gumbad 'cúpula’ ou ‘torre’.
Exemplos *
“Penélope dera orde para que as máis novas serventes non entrasen na alcoba, xa que non podían reprimir os seus saloucos diante do apoucadiño corpo da que noutrora fora a altiva señora de Ítaca.” (Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, 2009)
“Na alcoba, a nena Morgana tenta reter a nai. Convencela para que non vaia ao encontro dos intrusos. A dama Igraine tranquilízaa, nada se pode facer unha vez que a sorte xa foi botada.” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


