aldea

Núcleo pequeno de poboación, de carácter rural e con poucos veciños

Etimoloxía

Palabra que bebe do árabe hispano addáy’a e que remite ao clásico day’ah cun significado semellante.

Exemplos *

“A maioría dos homes foran recrutados á forza polo exército, cando os diaños saíran do inferno e se apoderaran das almas de moitos vivos, e dado que ningún volvera, case non quedaban adultos en idade de traballar na aldea.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

“Hai vilas moi fermosas; temos pequenas aldeas que abrochan entre os campos e que se prolongan cara ao mar como se quixesen debruzarse nel, como... que sei eu, botarse a navegar deseguido, verde e azul por todas as partes...” (Xosé Ramón Pena: Como en Alxeria, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.