Acción e efecto de aldraxar
Etimoloxía
Palabra que nos leva ao francés antigo oltrage, de significado semellante, este vén do latín vulgar *ultratium ‘máis alá’.
Exemplos *
“O corpo sen vida da moza aparecera varios días (...). Afogara no mar ancho. Os que a coñecían non dubidaron en asegurar que a doncela de Agar preferira tirarse á auga e morrer afogada antes que sufrir calquera aldraxe.” (Xosé Mª Lema: Costa solpor, 2013)
“Unha cadea de indicadores negativos artella a situación de subdesenvolvemento: a dependente posesión dunhas leiras en minifundio; o laborío atafegante; a perda das colleitas; os agoiros; as xenreiras dos veciños; as aldraxes ás mulleres; os homes derrubados pola loita cotián; a malfadada da emigración...” (Benito Varela Jácome: Gonfaróns de sangue [prólogo], 1989)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


