alegría

Sentimento de pracer ou estado de gran satisfacción producido por un suceso favorable ou por algún motivo de gozo, que adoita manifestarse exteriormente

Etimoloxía

Vocábulo que se forma sobre "alegre” que bebe do no latín vulgar *alĕcris ‘animado’, e este do latín alăcer, -cris ‘enérxico’ ou ‘alegre’.

Exemplos *

“Obviamente, Cristian alegrouse da chamada e apareceu puntualmente. Ela mostrou unha grande alegría ó velo e el actuou coma sempre, con dous bicos nas meixelas e o típico "como estás".” (Úrsula Heinze de Lorenzo: Delirios de pracer, 2018)

“Roman convertérase en algo así coma o meu pai espiritual, unha figura que miña nai sempre tiña presente no seu plan de vida relixioso de católica practicante, e tamén en confidente das miñas alegrías e os meus pesares naquela historia de amor.” (Alberto Canal: O amor nos escuros días de Birkenau, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.