alén

O mundo de despois da morte

Etimoloxía

Termo que nos chega desde o latín ad illinc ‘de alí’.

Exemplos *

“Eu, Román Casas, nacido no berce do Samaín e habitante do Aquén, invoco a Escarlatina, habitante morta do Alén, para que o seu corpo defunto regrese á vida axiña, axiña, axiñaaaaaa.” (Ledicia Costas: Escarlatina, a cociñeira defunta, 2014)

“E a verde ollada entre as vagas abrolla;/ saudosa fraga onde o soño se perde,/ un fundo alén cintila na luz verde.” (Ricardo Carballo Calero: “Égloga do verde e azul” en Pretérito imperfeito (1927-1961), 1980

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.