aleta

Calzado de goma de forma semellante ao órgano dos peixes, que se adapta aos pés para facilitar a natación.

Etimoloxía

Formouse a partir de ala, que procede da forma idéntica do latín.

Exemplos *

"Sorte que levara as aletas, que lle facilitaban o movemento na auga e que facían que as pernas tiveran unha propulsión maior." (Xavier Queipo: Papaventos)

"A Garda Civil de Ceuta interceptou unha balsa de praia, propulsada por un marroquí cunhas aletas, na que viaxaban clandestinamente catro inmigrantes chineses …" (O Correo Galego 21-05-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.