aletargar

Producir ou causar letargo

Etimoloxía

Termo creado sobre “letargo”, que vén do grego léthargos, -os, -on de significado semellante.

Exemplos *

“As alancadas riscaron no chan ó alixeirar o paso para non me aletargar coa dureza da invernía.” (Arximiro Villar González: Premios Pedrón de Ouro 1985/1986-Augas de silencio, 1987)

“Obviaba que o común aletarga o cotián, así, facía subir os que mellor se comportaban con el, os mellores actores, aos que non preguntaban por que se interpretaba esa obra ou por que lle tocara ese rol.” (Juan Manuel Parcero Martínez: Sangue no ollo, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.