alfabetización

Acción e efecto de alfabetizar

Etimoloxía

Palabra derivada do termo “alfabeto”, desde o latín alphabetum, -i ‘conxunto de letras dun idioma’ pero que se orixina no grego alphábetos froito da acumulación das dúas primeiras letras gregas alpha e beta.

Exemplos *

“Eu estudaba árabe e axudaba en programas de alfabetización nunhas escolas rexentadas por monxas francesas.” (Xaime Domínguez Toxo: Contos da Baiuca / A casa dos alicerces mariños, 2006)

“Segundo esta perspectiva a sociedade industrial provocaría unha homoxeneización que se manifestaría no nacionalismo e a universalización da alfabetización (...)” (María López Sández: Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.