Utensilio que se pon na punta do dedo para empuxar a agulla ao coser, e que pode estar ou non cerrado por riba
Etimoloxía
Voz que procede do árabe andalusí al-hilqa que significa ‘argolla’, ‘dedal’.
Exemplos *
“Andou boticario cara ao andel das menciñas máis distintas. Baixou o tarro de louza branca, ornada en cores vermella e azul. Verteu un goto da apócema nun frasquiño á medida dunha alferga de xastre.” (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi, 2001)
“De enfurruñarme polo de xastre pasei tamén a rabexar se me dicían "agulleiro". (...) Logo, calquera signo que se asemellase a estar cosendo, pasar o ferro ou ter unha alferga ou unhas tesoiras, era unha verdadeira declaración de guerra para min.” (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


