Peza do xogo do xadrez que se move diagonalmente sobre o taboleiro.
Etimoloxía
Vén da denominación árabe do elefante, que se tomou xunto co artigo, al-fil.
Exemplos *
"… cómpre que á tardiña, na hora do xadrez, Fonso aprenda a mover o alfil dunha vez por todas." (María Gándara: Magog)
"El enrocou e eu desfíxenlle o flanco contrario a conta dun alfil e un peón." (Xurxo Borrazás: Contos malvados)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.