algarabía

Lingua árabe.

Etimoloxía

Vén do árabe al-arabiya ‘a lingua árabe’.

Exemplos *

“Que acabei por toparlle o pracer a aquela vida. A aquel andar vadío. A perderme nas ruelas do zoco, entre aquela algarabía. Salam alecum. Alecum salam.” (Cándido Pazó: García García)

“… loitar contra os mouros do deserto, resistir noites enteiras sen durmir no posto de vixía, manterse sereno sentindo a algarabía …” (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.