Que é moi falador e amigo de gastar bromas
Etimoloxía
Palabra que toma como base a do árabe peninsular al-gara ‘incursión militar’.
Exemplos *
“Magoábame que tamén con eles, tan alegres e algareiros como eran, a despedida fose tan xélida e amarga.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
“A min estes xogos , ó primeiro , fendíanme o peito , pero era das máis arroutadas buscando o riso e o apoio algareiro dos máis.” (Xesús Valcárcel: Matar o tempo, 1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.