Cada un dos signos usados para expresar unha cantidade.
Etimoloxía
A súa orixe está no árabe al-kuwarizmi, alcume dun destacado matemático persa do século IX
Exemplos *
“Libros de rendas. Cada algarismo, unha tulla de centeo. Antigas clasificacións de caseiros que transmiten a súa subordinación de pais a fillos, como a cor dos ollos ou a angostura do peito.” (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)
“As deputacións galegas tamén contribuirían con grosos algarismos.” (Avelino Abuín de Tembra: O Correo Galego 29-10-2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.