aliado, -a

Persoa que lle presta a outra a súa axuda e apoio para facer causa común

Etimoloxía

Termo que xorde desde o latino alligatu ‘ligado’.

Exemplos *

“A nai, apreixada de súpeto pola angustia ante a rebelde firmeza da filla, cambiou de estratexia e buscou na dependenta unha aliada que a axudase a convencer aquela teimuda.” (Uxía Casal: Vidas exemplares / Non están de moda, 2006)

"Dende que o azar e os astros puxeran en marcha o seu proceso de liberación, atopara en Mónica unha boa aliada.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.