alianza

Pacto de unión ou asociación de potencias, partidos, persoas etc., para se prestaren axuda mutua nunha causa común / Acción de aliar

Etimoloxía

Termo derivado sobre o verbo “aliar” que nos chega desde o latín alligáre ‘atar’.

Exemplos *

“Co fin de vencer e repeler estes ataques, a Compañía selou alianzas cos indios, tradicionalmente maltratados polos portugueses.” (Daniel Asorey: Nordeste, 2016)

“Parecía que entre eles houbese unha alianza da que ela non formaba parte. Era unha sensación que cada vez sentía con máis forza pero que non se atrevía a abordar claramente.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.