Substancia que contribúe á nutrición dos seres vivos, ao seu desenvolvemento e conservación
Etimoloxía
Termo que procede do latín alimentum de significado semellante.
Exemplos *
“Como tiñan corda abonda, baixaran un treito cara á beira do cantil para procuraren alimento.” (Xosé Mª Lema: Costa do solpor, 2013)
“Encerrouse no cuarto durante o resto do día e negouse a tomar ningún alimento, non quería falar con ninguén nin desexaba a presenza de Xoel ao seu carón.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.