Conxunto de xogadores que forman un equipo para un determinado partido, segundo o seu posto ou función
Etimoloxía
Formado por derivación a partir do verbo 'aliñar', que se constrúe engadindo o prefixo a- e mais o sufixo -ar sobre o substantivo 'liña' (do latín linea).
Exemplos *
“Para cambiar o panorama, Miguel Ángel Lotina introducirá cinco cambios na aliñación, dous obrigados por lesión e outros tres para refrescar o equipo.” (C.A.F.: Galicia Hoxe, 18-4-2009)
“Ademais da reclamación por aliñación indebida o Numancia confirmou que presentará alegacións ao cartón vermello mostrada ao seu xogador De Frutos,” (Diego Espiño: Pontevedra Viva, 20-4-2025)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


