Vento regular que sopra durante todo o ano na zona comprendida entre os trópicos, de NE a SO no hemisferio norte e de SE a NO no hemisferio sur
Etimoloxía
Termo de orixe descoñecida.
Exemplos *
“Os alisios, máis enfurecidos ca nunca, facían renxer as paredes e estremecían as súas gorxas, das que saía aire salpicado de cristais de xeo.” (David Conde: Hai santos que non queren ir ao ceo, 2016)
“O alisio do nordeste renxía levemente sobre a aleta de barlovento e as velas en Jimmy Green8, mentres un sol preguiceiro e tropical arrincaba de vagar escintileo vernizados sobre os lombos húmidos do bergantín.” (Xosé Ramón Pena: O reverso do espello, 1984)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


