aliteración

Recurso de expresión que consiste na repetición de sons semellantes en palabras próximas.

Etimoloxía

É un derivado que se creou a partir do latín littera ‘letra’ engadíndolle o prefixo a co sentido de ‘dirección’.

Exemplos *

“Proporcionoume un enderezo na cidade balnearia de Karlovy Vary: un nome que sempre me resultara atraente pola súa suave aliteración.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

“Afacerse primeiro ó mundo e ó estilo do autor explorando a dificultade do seu vocabulario ou da súa sintaxe, as aliteracións e as digresións, os saltos de tempo ou as paráfrases ...” (Xavier Queipo: Papaventos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.