almacén

Local onde se gardan produtos comerciais en grandes cantidades para a súa posterior distribución ou venda por xunto.

Etimoloxía

Chegounos do árabe al-mahazen ‘depósito’, ‘almacén’.

Exemplos *

“Non era aquela a tose do pai cando subía os chanzos na madrugada, volvendo do traballo, canso, pluriempregado gris nun comercio de tecidos polo día, nun almacén de cartóns cando a noitiña.” (Francisco Xosé Fernández Naval: Tempo de crepúsculo)

“Pasou os dous primeiros traballando como contable nun almacén de viños, que pechou deixándoo sen traballo.” (Jaureguizar: A rutina corsaria)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.