Folla, caderno ou bloque de follas que recolle a representación dos días do ano, agrupados por meses, ás veces acompañados de datos referentes a cada día, como as fases da Lúa, saída e posta do Sol, os santos e festas que se celebran etc.
Etimoloxía
Probablemente do árabe al-manakh que significaba 'parada nunha viaxe'.
Exemplos *
"Sucedera que se trabucara ao arrinca-las follas do almanaque e para el era o inverno o que estaba a comezar." (María Teresa Otero Sande: Relatos. Un despistado)
"Nun curruncho penduraba un almanaque coa foto dunha eira de trigo e o enderezo dunha tenda de produtos para o campo." (Xesús Fraga: Tute para catro)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


