almibre

Solución concentrada de azucre e auga fervidos.

Etimoloxía

Tomouse da palabra árabe miba, de orixe persa, denominación dun xarope feito con marmelo.

Exemplos *

"¿Quen me ha dicir o que el me dicía co seu xenio de almibre nas noites de invernía?" (Xavier Lama: O serodio remordemento do amor)

"…a boca fresca, imitada con moita habelencia con cereixas en almibre." (Xavier Castro: Galicia Hoxe 25-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.