almuíña

Horta, xeralmente pequena e cerrada, na que adoita haber árbores froiteiras

Etimoloxía

Palabra que chega desde o árabe al-munia onde significaba ‘herdade’.

Exemplos *

“Xérez empezou roubándolle á miña nai as froitas dunha almuíña que aínda temos, aquí en Sigrás, e mais doutra que está en Santa Marta de Babío.” (Alfredo Conde Cid: María das Batallas, 2007)

“ (...) laranxeiras, mandarinos, limoeiros, pereiras de peras, peros, de orracas, nespereiras ..., insua de arboredo na veiga. A penas alí perto da casa uns tallóns nos que Roiz e Manoela botan hortalizas e alá máis ao fondo, máis alá de tan variada almuíña, catro ferrados de millo.” (Anxo Angueira: Pensa nao, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.