Demostración de cariño que se lle fai a unha persoa ou a un animal pasándolle a man suavemente pola pel ou polo pelo
Etimoloxía
Termo que chega como un préstamo do occitano lauza amia ‘alaba a amiga’ pola lírica trobadoresca.
Exemplos *
“Biqueino na caluga, estaba morta de cansazo e de tristura, necesitaba unha aperta, un aloumiño, algo de cariño.” (Soledad Agra Tuñas: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011 / Miseria, 2011)
“Comprendo as súas ausencias, as súas miradas perdidas, as súas bágoas ás agochadas e tamén o seu riso, a gargallada cantareira, os aloumiños na cara.” (María Reimóndez Meilán: Pirata, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.