Que tira a louro, semellante á cor loura
Etimoloxía
“Aquel meniño alourado e sempre enfermo dos bronquios cumpría dous anos. Temporalmente levantado o illamento, prepararon a festa Francisco e Isabel, axudados discretamente pola avoa Carmen, e por sor Soidade, desde logo.” (Ánxel Vázquez de la Cruz: Luz de tebra, 2010)
“Esa conciencia que te atraeu coa vertixe que atraen os pegos alourados dos ríos ás fervenzas. Nunca che importou saber que sedimentos de frustración removías, non é?” (David Pérez Iglesias: A garza insomne, 2016)
Exemplos *
Voz que toma como base estoutra “louro, -a” que bebe do latín laurus ‘loureiro’.
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.