Lugar para aloxarse
Etimoloxía
Palabra chegada desde o provenzal antigo alotjar co mesmo significado.
Exemplos *
“(...) este anexo é preciso para chegarmos ben, sen equivocarnos de ruta, e unha vez alí ter xa suxestións para escoller aloxamento ou simplemente para xantar.” (M.P.: O Correo Galego, 04-12-2000)
“Atopou aloxamento nunha pensión próxima, aínda que tivo que soportar as blasfemias da caseira (...)” (Francisco Galván: As crendas de San Porfirio. Diario terapéutico dun esquizofrénico, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.