Inocente, parvo
Etimoloxía
Palabra que ten unha orixe escura.
Exemplos *
“María quedaba horas coma unha alpabarda, coa boca aberta, ollando as evolucións dos gabiáns no ceo ou a caída do sol contra as montañas.” (Xosé Miranda: O demo á orella, 1996)
“A ver, dille ó alpabardas ese que monte no camión e que corra á taberna do Pontillón a chamar por teléfono unha ambulancia.”(Xosé Manuel Martínez Oca: Os culpables, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.