Tipo de calzado de lona grosa coa sola de goma, cánabo ou esparto.
Etimoloxía
Tomouse do árabe al-pargat 'chinela'.
Exemplos *
"Silvano facía por gardar, engurrándoa cara atrás, a deda do seu pé esquerdo que aparecía por un furado da vella alpargata." (Paco Martín: A bisneta lercha. Contos de sempre para ler hoxe)
"Algúns, confiando en que non volvese chover, utilizaban alpargatas de esparto." (Xoán Bernárdez Vilar: No ano do cometa)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.