altruísmo

Disposición que alguén ten para interesarse ou entregarse aos demais, mesmo sen ter en conta os propios intereses

Etimoloxía

Palabra que bebe da francesa altruisme de significado semellante.

Exemplos *

“Presentouse este sábado na Coruña a nova unidade móbil de doazón de sangue, onde se destacou o "altruísmo" dos galegos e a súa resposta "excelente" aos últimos chamamentos para doar, "con 400 ou 500 doazóns diarias, fundamentais".” (E.P.: La Opinión, A Coruña, 12-02-2022)

“En ocasións pode baixar o número de doazóns mais non sucede o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que necesitan os centros sanitarios, polo que resulta "imprescindíbel" a "xenerosidade e altruísmo" de toda a cidadanía.” (E.P.: Diario Nós, 13-1-2022)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.