altruísta

O que obra con altruísmo

Etimoloxía

Préstamo procedente do francés altruiste de significado semellante.

Exemplos *

“Creo que non lle debería complicar tanto a vida con esta historia que lle estou comezando a imaxinar, sendo como vai ser un bo tipo, un home de corazón, altruísta, desinteresado.” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)

“E estando xa xubilado, coidou durante moitos anos as insuas de maneira altruísta.” (M. de Bran: Galicia Hoxe, 7-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.