Acción e efecto de aluar
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o verbo aluar formado por sufixación e prefixación aplicado ao substantivo lúa que vén do latín luna de significado semellante.
Exemplos *
“É unha mente brillante a que se encargou de crear o software que eliminou todos os erros posíbeis para garantir unha aluaxe exitosa.” (S.P.: Código cero, 18-03-2022)
“A omnipresencia de imaxes da aluaxe de 1969 prodúcenos a sensación dunha visita constante á lúa, cando a realidade é que ninguén volveu aló desde hai máis de corenta anos.” (Miguel-Anxo Murado: La Voz de Galicia, 22-11-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.