alude

Gran masa de neve que se desprende dunha montaña.

Etimoloxía

Considérase voz prerromana, relacionada con elur 'neve'.

Exemplos *

"Para tentar parar dunha vez por todas aquela especie de bóla de neve que corría perigo de converterse nun alude …" (Xosé A. Neira Cruz: As cousas claras)

"… contemplar o impresionante alude que se producira nunha das súas detríticas abas, ser testemuña de como os seus escuros residuos caían con estrondo …" (Xoán Bernárdez Villar: A saga da illa sen noite)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.