alumnado

Conxunto de alumnos que asisten a un centro de ensino

Etimoloxía

Desde o termo latino alumnus, -i ‘neno ou discípulo’ que derivaba do verbo alere ‘facer crecer, nutrir’.

Exemplos *

“O vinculeiro decidiu que para tan pouco alumnado non faría a escola ordinaria, e sacounos á aira para explicarlles sobre o terreo” (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras, 1994)

“No amplo patio onde brincaba o alumnado, entre balonazos e choutos infantís, divisou unha rapaciña miúda e de cabelo moreno sentada nun chanzo da entretida na quietude do seu illamento.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.