alumno, -a

Persoa que recibe instrución de alguén ou que asiste a un centro de ensino para recibila

Etimoloxía

Palabra que vén do latín alumnus, que, á súa vez, deriva do verbo alere ‘alimentar’.

Exemplos *

“Había só unha semana que comezara e a Cosme conceptuouno como o seu alumno máis brillante: "Pena que a súa familia sexa tan pobre", díxonos na casa, e eu sentín unha curiosidade por coñecelo que foi definitivamente a máis cando ti dixeches: "É unha familia de roxos."” (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda, 2000)

“Mais confundiume cunha alumna calquera de todos aos que ensinara literatura tantos anos, talvez cunha mestura de todos eles, e soamente ao final da visita, alí, entre os seus libros, despois de falarme do tren de Anna Karenina unha e outra vez, preguntoume se sabía quen era Emma.” (Berta Dávila: O derradeiro libro de Emma Olsen, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.