alustro

Liña de luz intensa, sinuosa e ramificada, producida polo raio

Etimoloxía

Palabra vinculada co verbo “alustrar” que é produto da unión do prefixo “a-” coa voz “lustrar” que procede do latín lustrāre ‘purificar, dar brillo’.

Exemplos *

“Foi nun deses alustros cando a vin por vez primeira. Tiña o cabelo máis negro que a noite e a pel máis branca que a miña señora Xenebra. Tal semellaría unha criatura do alén, un ser vida da morte...” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)

“Os mesmos ollos negros que eu tan ben lembraba abríronse desmesuradamente ao decatarse da miña presenza no cuarto. Nun primeiro instante incluso me pareceu albiscar un alustro de arreguizo na súa mirada, pero deseguido me recoñeceu e un gran sorriso iluminou a súa face.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.