amabilidade

Calidade de amable

Etimoloxía

Termo que procede do latín amabilitas onde significaba ‘amabilidade’, ‘amor’ ou ‘afabilidade’.

Exemplos *

“O torreiro principal daquela era outro home singular, Don Xosé Soto, unha persoa de case dous metros de altura e enorme corpulencia que desprendía amabilidade por todos os poros da súa pel.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)

“Abriu a cabeza coma un melón e foi operado de urxencia a vida ou morte. Non morreu pero, a pesar de que xa nunca foi aquel outro Pepe, non perdeu, non sendo unhas poucas veces, nin a amabilidade nin a educación nin o bo corazón que sempre tivera.” (Suso Lista: Charamuscas, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.