Viño tinto producido nas ribeiras do Sil, no concello de Sober
Etimoloxía
Denominación que se toma do topónimo da parroquia de Amandi en Sober, que remite ao nome medieval Amando.
Exemplos *
“O paseo, o amandi da colleita do noventa e tres, o chocolate con sabor a trufa que apañei no andel das delicias de mami, o tirarrollas que ti traías casualmente no bolso, o xogo de luz que tecía a lúa.” (Ricardo C. Mora: Prosas inmaculadas / Se che digo, se che conto, 2010)
“Velasco deu razón das praias do Cantábrico, dos accesos, dos furanchos do bo viño, das baiucas e das rotas das casas de bo comer. Era un sibarita. Mesmo o fígado deixou de mancar e chuchou de memoria aquela fecha de amandi.” (Xosé Vázquez Pintor: Quen faga voa, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.