amanita

Cogomelo da familia das agaricáceas, con volva na base do pé e sombreiro globoso, do que existen diversas especies, unhas velenosas e outras non.

Etimoloxía

A súa orixe está no grego amanites, derivado do nome do monte Amanus, lugar onde se cre que abundaban estes fungos.

Exemplos *

“Ao parecer non diferenciaba os diferentes tipos de cogomelos e inxerira amanitas, unhas das máis tóxicas.” (De Luns a Venres 25-10-2010)

“Hai outras especies do xénero Amanita que son comestibles; mais que non as recomendamos por confundírense facilmente con especies tóxicas.” (Marisa Castro Cerdeda e Luís Freire García: Guía das setas ou cogomelos comestibles de Galicia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.