Que produce unha sensación as máis das veces desagradable ao gusto, coma o fel ou o asente / Que causa dor, aflición, desgusto ou pena
Etimoloxía
Que nos chega desde o latín hispánico amaricus, do clásico amarus, -a, -um, 'amargo'.
Exemplos *
“O amargo non é a liberdade senón as decisións que hai que tomar para acadala.” (Ledicia Costas: Infamia, 2019)
“Escóitoo que me di de xeito animoso. Acabo por sorrir, nun acto reflexo. Agradezo a intención, pero só podo responderlle cun xesto amargo.” (María Canosa: DisParo, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


